fun son serei
ando na procura dunha confesión. síntome egoísta e ególatra porque só camiño ó meu redor. e certo,
pandellas, que somos porque habitamos nos demais, e así nesta exposición que agora atopo discreta, son ou serei para máis, pero non millor. canto verbo ser, porque atopeime con
orixe que foi quen me fixo. e díxenlle só adeus, como a un panadeiro ou coñecido de grao tres.
estes días estou sendo nas cabezas de demasiada xente
Bah, non sei
Veño desconvencido da publicación deste ou de calquer outro post. Así, e coas pernas cansas.
Percorrín media cidá camiñando. Estiven diante dun concellal importante e moi amable e tamén dun maltratador de menores. Así que foi un día raro. Tamén pasei a tarde con Bruckner, uns sindicalistas. Falei tamén de entroidos e músicas.
Propugno
Que se instaure por decreto a primavera a partires do san brais. Nada de invernías excesivas. E é que así dá gusto, así sí que saimos e nos vemos e nos sentimos e nos comunicamos e percibimos uns ós outros. Coñecémonos e compartímonos, somos máis abertos e desconfiamos menos uns dos outros, hai menos visillos, máis xente na rúa, máis sorrisos, así sí que se fai pais. sí sí sí. Logo abaixo as asambleas, as notas de prensa, as asociacións e os sindicatos. Abaixo todos eles, propugnemos unha nova clase de consciencia social:
o solcielismo
NACEU
Este é o primeiro post, mi ma, dá medo. A todos os que o tendes feito, este desvirgue ten algo de vertixe. Só que agora, levo unha tarde tan rápida, fixen tantas cousas, que case non o sinto, o que escribo nen o que penso. Por exemplo, teño ganas de quitar as botas. Púxenas porque á mañá vin o día frío. A ver que as quito. (xa) Que me aclare eu (pensaba mentras as quitaba): isto dos
blos ten pinta de ser moi xenérico. Nada de falar de parvadas que lle pasan a un (como quitar as botas) é millor falar dos gollas, que seica así non te pillan a túa identidade. O blo do tipo este de
Astrud sí que era bo: dicía que cando estaba no super entráballe unha aterradora sensación, de se estar comportando como un guionista, non como un ser vivo. A min iso non me ha de pasar, se o meu blo é aburrido que o sexa, que carallo, e tampouco quero que sexa intelectual.
Pero sí, que vale, que falo eu tamén dos gollas. A cerimonia pareceume destripadora. Non me gustou nada imaxinar ó equipo técnico de son metidos na habitación de Laia Marull grabándolle o son das perchas e dos caixóns, e iso é porque me encantou a película. Logo a nena María Valverde vinlle un ollar precioso. Só nese instante desapareceu do mundo a AVT e o resto do xou. Sí,
cesare, o mexicano ese está cachondísimo, e o dos
comerciales case o millor. O guionista do evento este... andaba algo apurado, pobres os que presentaban e non lles daba tempo nen a que saira o seu nome na pantalla.
E a millor de todos foi Candela: tumor con humor